OurenseÚltima hora

A liga de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas remata en Ourense

O Salvour foi o equipo anfitrión da competición celebrada na Piscina Rosario Dueñas

Os nadadores do Salvour na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

 

Este domingo 2 de abril, o club salvamento acuático Ourense Salvour era o anfritión do peche de liga de salvamento e socorrismo en augas pechadas, sendo a piscina Rosario Donas o escenario onde se desenvolveu a competición de final de liga de 1ª e 2ª división en categoría absoluta onde participan os equipos de Laracha, Carballo, Umia, Villagarcía, Sada, Arteixo, A Estrada, A Coruña e Ourense.

Os equipos disputaron as probas de 50 metros remolque de maniquí, 200 metros natación con obstáculos, 200 metros supersocorrista, 100 metros socorrista, 100 metros remolque de maniquí con aletas e 100 metros combinada.

Nesta ocasión o Salvour acudiu con Roi Naranjo, Andrea Marquina, Zaira García, Lucía Gomez, Iria Ruíz, Álvaro Iglesias, Miguel Viso e Íker Souto. Roi Naranjo lograba os mellores resultados, 1º posto en 200 metros natación con obstáculos cun tempo de 02:28:60 e 3º na proba de 100 metros remolque maniquí aletas cun tempo 01:00:77. Nesta mesma proba puntuaban Álvaro Iglesias, Miguel Viso e Íker Souto cun 8º, 9º e 10º posto respectivamente. Ademaia, Álvaro Iglesias lograba xunto con Roi o 1º posto en lanzamento de corda cun tempo 00:16:96.

Na proba de 100 metros remolque maniquí aletas destaca o papel de Andrea Marquina que lograba o 5º posto cun tempo de 01:15:31 e nesta mesma proba puntuaban tamén Lucía Gómez e Iria Ruíz cun 9º e 10º posto respectivamente.

A próxima cita de Salvour será neste mes abril, no comezo da liga en praias.

Artigos relacionados

Back to top button