Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

A lista do PSdeG-PSOE de Parada de Sil, encabezada por Aquilino Domínguez, aposta por “seguir construíndo un municipio mellor e con futuro”

 

Nun acto celebrado esta tarde nun concorrido salón de actos do Concello de Parada de Sil o partido socialista presentaba a candidatura coa que se presentará ás vindeiras eleccións municipais. A lista estará novamente encabezada polo actual alcalde, Aquilino Domínguez, quen subliñaba que se presenta novamente “motivado por darlle continuidade a este proxecto socialista que comecei fai catro anos e con este equipo humano, co que tiven a sorte de poder contar nesta andadura”.

 

 

O actual tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Paco Magide, abría o acto indicando que o proxecto socialista en Parada de Sil en tres ideas clave “compromiso con Parada, é dicir que traballaremos para toda a veciñanza como é a nosa obriga independentemente de amizades ou cores política; traballo arreo todos os días para acadar todas as melloras necesarias para a vida da veciñanza e a estadía dos visitantes que xeran emprego e riqueza; e a ilusión, a mesma que no 2007, a pesares de que moitas veces sentimos a soidade por falta de axudas da Xunta e especialmente da Deputación de Ourense”.

 

 

Paco Magide tamén aproveitou para poñer o foco en que a lista socialista “está conformada por veciños de Parada de Sil, que pensan e traballan arreo polo noso municipio”. Neste senso afirmou que a lista do PP “encabézaa unha persoa, que a parte de non estar empadroada en Parada, en catro anos non fixo unha soa proposta, nin unha soa intervención nos plenos”. Co relación ao BNG, Magide explicou que “encabeza unha persoa que tampouco está empadroada en Parada de Sil e na mesma lista figuran persoas que tampouco están empadroadas, o que significa que non contribúen a aumentar os cartos que aporta o Estado ou a Xunta por número de habitantes”.

 

 

A continuación tomaba a palabra da deputada Uxía Tizón Vázquez, quen resaltaba que Parada de Sil “é un exemplo dun concello que fai unha defensa do rural de verdade” e poñía en valor os investimentos realizados dende o goberno central neste municipio.

 

 

 

 

O acto pechábase coa intervención de Aquilino Domínguez Díaz, quen aseguraba que encabezará a lista socialista co obxectivo de continuar traballando para “seguir construíndo unha Parada mellor e unha Parada de Sil con futuro”. Ademais repasaba os proxectos levados a cabo nestes catro ano e expoñía as liñas principais do programa co que se presenta novamente á alcaldía. “Impulsaremos a xestión e participación cidadá, seguiremos apostando por melloras nas infraestruturas, impulsaremos aínda máis un piar fundamental como é o turismo rural, apostaremos pola acción social, seguiremos promocionando e impulsando a cultura e o deporte, apostaremos pola comercialización e transformación de produtos, melloraremos a eficiencia enerxética, apoiaremos o mercado laboral e seguiremos apostando pola vivenda, pondo a disposición de traballadores e emprendedores novas vivendas”.

 

Neste acto tamén estiveron presentes varios cargos políticos do partido na provincia, entre eles o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández,, así como numerosos militantes.

CANDIDATURA SOCIALISTA EN PARADA DE SIL

1.- Aquilino Domínguez Díaz
2.- Rosa Álvarez Sánchez
3.- Yolanda García González
4.- Castor Prieto Jácome
5.- Francisco Magide Bizarro
6.- Manuel Francisco Rodicio Lizán
7.- Ana Belén Herráez

Suplentes:

1.- Rosa María González Pérez
2.- Fernando Gómez López
3.- José Luis Salgado Fernández
4.- Rosa María Casares Prieto
5.- Álvaro Rodríguez Fernández
6.- Luis Ángel González Pérez
7.- Gloria Gómez Fernández

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button