En portadaÚltima hora

A localidade barquense de Coedo rende culto a San Antón Abade

 

Representado como un ancián co hábito da orde e un porco aos seus pés, San Antón Abade foi un monxe cristián fundador do movemento eremítico, considerado avogado dos animais, e patrón entre outras da localidade barquense de Coedo que celebra a súa festa cada 17 de xaneiro.

 

 

A novena celebrouse entre o 8 e o 16 ás cinco da tarde, e xa o día propio, hoxe maartes 17 de xaneiro, ás 13h. comezaba o acto central. A chuvia impedía a celebración da solemne procesión coa imaxe de San Antón a ombros dos mozos do pobo e a da Virxe a ombros das mulleres, pero non a actuación da charanga nin a festiva tirada de bombas de palenque previa a eucaristía na capela presidida polo párroco Javier Calvo.

 

 

Malia o temporal que arrecia en Valdeorras, á cita tampouco falta cada ano o posto das tradicionais roscas (ademais doutros doces e pan) á entrada da capela que moitos fegreses pasan pola imaxe do santo para bendecilas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button