ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A localidade de Coedo (O Barco de Valdeorras) celebra a Festa de San Antón

O acto central era a procesión coa imaxe do santo celebrada no mediodía do 17 de xaneiro

 

Representado como un ancián co hábito da orde e un porco aos seus pés, San Antón Abade foi un monxe cristián fundador do movemento eremítico, considerado avogado dos animais, e patrón entre outras da localidade barquense de Coedo que celebra a súa festa cada 17 de xaneiro.

A novena celebrouse entre o 8 e o 16 ás cinco da tarde, e xa o día propio, hoxe venres 17 de xaneiro, ás 13h. comezaba o acto central: a solemne procesión coa imaxe de San Antón a ombros dos mozos do pobo e a da Virxe a ombros das mulleres, acompañada por unha tirada de bombas de palenque e a música da charanga Río Sil.

 

Un momento da eucaristía na honra a San Antonio Abade.

 

Á cita tampouco falta cada ano o posto das tradiconais roscas (ademais doutros doces e pan) á entrada da capela que moitos fegreses pasan pola imaxe do santo para bendecilas. Despois da procesión celebrábase a misa solemne co acompañamento musical da guitarra.

 

Procesión de San Antonio polas rúas de Coedo (O Barco).

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button