CarballedaConcellosÚltima hora

A localidade de Domiz (Carballeda de Valdeorras) estrea nova praza

O Concello finalizaba esta semana as obras de humanización deste espazo do que xa pode desfrutar a veciñanza

 

Os veciños de Domiz contan cunha nova praza que dispón dun palco, dun local social e dunha fonte. O Concello de Carballeda de Valdeorras finalizaba nestes días as obras de humanización deste espazo.

“Nesa zona había unha pequena praciña cunha edificación en ruínas, que o seu propietario cedeu ao Concello. Ata agora os veciños non tiñan un lugar público onde poder reunirse, de feito a festa facíana na estrada, desta maneira creamos unha zona na que se poidan xuntar, ter un local social, na que poidan facer vida veciñal”, explica a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González.

 

 

A intervención realizábase en dúas fases e iniciábase no 2020. A obra, executada con fondos municipais, supuxo un investimento total duns 100.000 euros, incluíndo nesta cantidade os proxectos técnicos.

Ademais de realizar a praza, tamén se quixo incluír un pozo, lembrando dese xeito o existente na antiga edificación cuxa superficie ocupa agora este espazo público. “Tratamos de humanizala o máximo posible, colocando xardineiras con plantas, para que a veciñanza poida desfrutar deste lugar de encontro”, engade a rexedora de Carballeda de Valdeorras.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button