EconomíaEconomíaÚltima hora

A marca Pull&Bear escolle a Estación de Montaña Manzaneda como escenario de moda

Publicidade

 

Deportes de inverno, actividades de aventura, de natureza e tamén escenario de moda. A Estación de Montaña Manzaneda vén de ser escollida pola marca Pull&Bear, do grupo Inditex, como marco para a súa campaña promocional da colección de Outono-Inverno 2021-2022.

Nestas imaxes que xa figuran na páxina web da marca de moda galega, podemos ver parte da sesión fotográfica realizada nos máis fermosos espazos da estación. No telecadeira, cos bungalós de fondo, no piñeiral, amosando as prendas máis axeitadas para a estación invernal.

Orgullosos desta iniciativa, dende as redes sociais da estación convidan aos seus seguidores a descubrir eses recunchos “máis instagrameables na próxima visita”, nas súas instalacións.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button