A luz do Nadal xa viste de festa as diferentes rúas de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). No centro da localidade xa pode contemplarse un fermoso nacemento con figuras formadas por luces de diferentes tonos e cores. Pero a iluminación esténdese polo resto da vila e non se limita só aos arcos de luz, senón que xoga cos elementos do entorno, como poden ser as árbores ou a fachada da igrexa, e recorre a diferentes motivos navideños de forma orixinal e cálida.
Deste xeito o Concello de Carballeda dalle á benvida, xa dende primeiros de decembro, ao Nadal. Algunhas persoas aproveitaban esta tarde para facerse fotografías nalgunhas das zonas decoradas.
Fotos: O SIl.