
Ante a difícil e preocupante situación que se está a vivir, sendo testemuños “de como a guerra entre Rusia e Ucraína se recrudece, pagando os civís coas súas vidas, os intereses duns poucos”, a mocidade de Viana do Bolo e da contorna convida á veciñanza a unirse a eles este venres 18 de marzo na praza Maior “para pedir a paz e tomar conciencia do que está sucedendo neses lugares”.
A xuntanza está programada para as sete da tarde, antes de que comecen os actos da Vibomask 2022, e alí leerase un manifesto e “cun pequeno símbolo, identificarémonos coas vítimas desta guerra”, din dende a organización, asegurando que “quizais en silencio, pero si coa nosa presenza, lograremos moito”.