En portadaÚltima hora

A modelo valdeorresa Lorena Guitián, unha incondicional na pasarela da MBFW Madrid

 

A Mercedes Benz Fashion Week Madrid (MBFW) a gran pasarela da moda española está unha vez máis en marcha no pavillón 14.1 de IFEMA, e ata mañá 17 de setembro presenta as propostas para a próxima tempada primavera/ verán 2024.

 

 

En total, o calendario oficial da pasarela componse de corenta e un creadores con coleccións para home, muller ou genderless. As incorporacións nesta edición son o deseñador cordobés Andrew Pocrid ou a firma Simorra. Polo seu lado, YnesSuelves, creadora con moita personalidade, volve tras debutar con gran éxito en 2022 na nosa pasarela.

 

 

E para amosar moitas desas creacións, un numeroso grupo de modelos de diferentes nacionalidades entre as que destaca unha vez máis a valdeorresa Lorena Guitián que nesta ocasión desfila, entre outros, para Jorge Vázquez, Custo Barcelona, Isabel Sanchís ou a barcelonesa Teresa Helbig recentemente recoñecida polo Premio Nacional de Deseño de Moda 2023 que volve á pasarela madrileña.

 

 

Fotos: MBFW Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button