CulturaCulturaEntroido 2022Galerías de fotosÚltima hora

A Morte e os Diabos, de novo á solta por Vinhais

Publicidade

 

A procesión dos Mil Diabos volvía tinguir de vermello as rúas de Vinhais (Portugal) na tarde do sábado seguinte ao Mércores de Cinsa, tras o obrigado parón pola pandemia do 2021. A partir das cinco facíase un chamamento á procesión coa música dos gaiteiros de Zido.

Apenas dúas horas despois, a Morte e dous Diabos (demos) agardaban no exterior da Igresa de Nosa Señora da Encarnación aos veciños, que saían da misa de imposición de cinsa. Entre tanto, multitude de mascarados vestidos de Diabos, xunto a veciños, visitantes e tamén motoristas, íanse concentrando nas súas proximidades para dar comeza a unha espectacular e singular procesión polo casco antigo presidida por unha xigantesca morte. Do cortexo formaban parte Teatro Filandorra, Wee Events, Banda de Gaitas de Foles “Encharca o Fole”.

 

 

A comitiva ía encabezada por un carro no que os Diabos ían deixando as mozas que, durante o percorrido, capturaban, a pesar da súa resistencia, nos balcóns co fin de conducilas ante a Morte. Na procesión tamén aparecían mascarados propios desta zona do nordestes portugués, con caretas talladas en madeira ou de lantón e vestindo traxes tradicionais de la vermella.

O traxecto remataba no Largo de Arrabalde cun acto final no que as mozas bicaban a gadaña da Morte, cun espectáculo de lume e coa queima da Morte.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button