CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Esencial”, que percorre a plástica do barquense Jesús Díaz Ferrer, en Monforte de Lemos

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Do 6 ao 27 de febreiro a sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a exposición “Esencial”, unha mostra conmemorativa no centenario do nacemento do pintor valdeorrés (1922-2022) Jesús Díaz Ferrer. A mostra está comisariada polo historiador da arte e tamén artista Luis Enrique Rodríguez “Coquixo” e producida polo Concello do Barco.

A exposición, tal e como afirma o historiador Luis Enrique Rodríguez, Coquixo, aglutina a esencia de Díaz Ferrer con unha temática diversa que pasa por retratos, bodegóns, mitoloxía, paisaxe, costumismo, abstracción, surrealismo e que nos permite coñecer en profundidade un artista esencial da arte galega contemporánea.

Artigos relacionados

Back to top button