CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños”, do Concello do Barco, chega á Coruña

Esta exposición, comisariada por Ricardo Gurriarán, inaugurarase no Fórum Metropolitano o 27 de setembro ás 19:30h.

 

Organizada por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, do 26 de setembro –luns– ao 8 de outubro –sábado–, poderá visitarse na Coruña no espazo da entrada do Fórum Metropolitano a exposición “Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños”.

 

 

Subvencionada polo Concello do Barco de Valdeorras e comisariada por Ricardo Gurriarán Rodríguez, a mostra data de 1999 pero ten plena e actual vixencia no seu contido. Consta de vinte e seis paneis sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este 2022 se lle están dedicando as Letras Galegas. Imaxes e textos conforman un amplo e completo percorrido pola aportación do autor valdeorrés á vida cultural, social e política galegas.

A inauguración será o 27 de setembro, ás 19:30 horas, coa asistencia do comisario da exposición, Ricardo Gurriarán Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button