CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Historia dunha Leica de James Rhodes”, cunha foto do barquense Sindo Novoa, na Coruña

Inclúe unha panorámica da Vía Láctea sobre o Faro de Punta Nariga realizada por este fotógrafo valdeorrés

 

Imaxe de Sindo Novoa que poderá verse na exposición.

 

Nacía de forma espontánea, a través da redes sociais no pasado outono. O coñecido pianista James Rhodes decidía, desde a súa conta de Twitter, agasallar a súa cámara Leica Q2 á autora ou autor da fotografía que máis lle gustase entre as enviadas nos tres días seguintes. Máis de 11.000 chíos despois, o músico afincado en Madrid e mais o seu veciño e actor Javier Cámara propuxeron a Leica Camera organizar unha exposición cunha selección das imaxes recibidas.

Entre elas estaba unha do fotógrafo barquense Sindo Novoa: unha panorámica da Vía Láctea sobre o Faro de Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños. A exposición, denominada “Historia dunha Leica de James Rhodes” e que inclúe 29 imaxes, abríase ao público por vez primeira en Madrid.

Novoa expresara o seu desexo de que esta mostra, de gran calidade, se puidera ver tamén na Coruña, cidade na que reside. Así será desde mañá até o 23 de maio, na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita.

Artigos relacionados

Back to top button