OurenseÚltima hora

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia concederá o Premio de Honra 2019 a Pistacatro Produtora de Soños

É un recoñecemento ao papel do novo circo no progreso da escena galega

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) concederá o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” 2019 a Pistacatro Produtora de Soños. Esta cita terá lugar na vila ourensá entre o 19 e o 27 de xullo, onde se poderá desfrutar de actuacións de colectivos galegos e nacionais de primeiro nivel, coma o gañador do Premio Max Revelación, Intarsi, de orixe catalá.

 

Pistacatro na MIT

 

O novo circo terá unha gran importancia nesta trixésimo quinta edición da MIT. Pistacatro é un bo exemplo desta cultura circense xa que “é a única produtora, en tamaño e proposta de espectáculos, vinculada ás artes circenses en Galicia. Así pois, representa a punta de lanza dun ecosistema artístico-comunitario máis amplo composto pola Asociación de Novo circo e Cabaret CIRCONOVE e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG), que foron impulsadas para atender ás distintas necesidades.”

Por outra banda, este premio quere ser unha homenaxe ao malabarista e clown Manu Lago, un dos cofundadores do colectivo xunto con Pablo Reboleiro, o cal faleceu este ano 2019.

 

Un dos integrantes de Pistacatro realizando un exercicio.

Texto: Alba Prada.

Fotos: cedidas pola MIT.

Artigos relacionados

Back to top button