A RúaConcellosÚltima hora

O “Cirque Prin” fai parada na Área Recreativa do Aguillón, na Rúa

 

Tres días despois de entreter ás familias do Barco de Valdeorras o “Cirque Prin” chega á Rúa. Hoxe e mañá, mércores 10 (21 horas) e xoves 11 de xullo (20 horas), a Área Recreativa do Aguillón (á entrada, xunto ao E.D.A.R.) acolle as carpas deste peculiar circo que presenta “un espectáculo idea para toda a familia”.

 

 

Non ten animais pero si todo tipo de entretementos na pista King Kong de 3 metros de altura. Malabaristas, equilibristas, trapecistas, magos, pallasos e moito máis. “Unha viaxe ao mundo da fantasía para nenos de todas as idades”.

 

Artigos relacionados

Back to top button