CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Recuperart” de Joaquim Riera, en Manzaneda

 

O vindeiro sábado 16 de setembro, dentro da actividade de promoción do territroio “Mergúllate en Manzaneda” organizada polo GDR Sil-Bibei-Navea, inaugurarase no antiga cárcere de Manzaneda unha pequena mostra de obras de arte de Joaquim Riera, elaborada a partir  de materiais en desuso.

“Este artista e deseñador gráfico xubilado ideou e creou a súa primeira obra de arte Recupeart hai xa 12 anos durante a tempada de vacacións que pasa na nosa vila coa súa muller Clara Cereijo, natural de Manzaneda. Grazas Joaquim”, indican dende o Concello de Manzaneda.

 

 

A inauguración é pechada ao grupo de participantes de “Mergúllate en Manzaneda” que ese día visitarán esta mostra, que se engade á mostra fotográfica que se abría en agosto sobre o Entroido de Carlos G Hervella.

Estas exposicións poderán visitarse achegándose ata a Casa do Concello en horario de 9.30h. a 14h., no que persoal municipal abrirá o antigo cárcere.

 

Artigos relacionados

Back to top button