A RúaConcellosÚltima hora

A música da Banda A Lira de Ribadavia envolve o Centro Cultural Avenida, na Rúa

 

A sexta onda da pandemia, co aumento de positivos de Covid no mes de decembro, e tamén a meteoroloxía adversa, obrigaban a cancelar a maioría das actividades programadas para as datas de Nadal na Rúa. A última en suspenderse por mor da chuvia era o pasarrúas que a Asociación Cultural Abertal en colaboración con A Ruada, ían celebrar na mañá deste domingo 26 de decembro co acompañamento da figura do Apalpador.

O que por sorte si se pudo celebrar foi o concerto que a Banda A Lira de Ribadavia daba esta tarde no Centro Cultural Avenida. Trátase da formación musical máis antiga de Galicia, con documentos de 1800 que aluden á grande afección que tiña o pobo ribadaviense polas bandas de música.

 

 

O documento que acredita á Lira de Ribadavia como a decana galega data de 1840, con información da regularización salarial por parte do Concello aos mestres dunha escola de música fundada anos atrás. Desde entón organízase unha Sociedade Filharmónica destinada á formación da mocidade. Baixo a batuta de Xabier Oliveira, o seu repertorio inclúe pezas Las arenasEs vedráAlvamarColdplayLeria leriaCarrapucheiriñaMozos do penedo e A Santiago vou.

A entrada ao concerto na Rúa, organizada polo Concello e a Deputación, era gratuíta e o aforo limitado cumprindo con todos os protocolos anti-covid.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button