ColaboraciónsCulturaCulturaMúsicaOpiniónÚltima hora

A música e o videoclip como xeradores de emoción

Artigo do barquense Aitor Ramos Soto, fotógrafo e director de Fashion Films e Videoclips

Aitor Ramos./ Cedida.

 

Concibir un día sen ter escoitado música non o vexo posible. Escoito música desde que miña nai me cantaba de cativo, traballo e viaxo con ela en todo momento. De feito, a música estame a acompañar agora mesmo mentres escribo este texto.

Dentro do eido audiovisual no que estou metido, a imaxe bebe totalmente da música e viceversa. Unha impregna á outra provocando causar sensacións nas persoas. Hoxe en día xa non se concibe unha canción sen o seu videoclip que a acompañe, e aí, é onde entramos en xogo os creadores e as creadoras audiovisuais.

Á hora de traballar cos/coas artistas, no meu caso, o primeiro que lles pido é escoitar a canción que queren empregar. Unha vez recibida e sentida, pregúntaselles que queren expresar con ela. Deste xeito temos dúas perspectivas, dúas visións que procurar mesturar para lograr transmitir e conectar co resto.

O feito de crear lazos cunha canción, cun proxecto audiovisual, creo que se basea na conexión entre o que vemos e/ou escoitamos e a reacción que provoca en nós por unha vivencia pasada, actual ou futura. Cando se recrean as verdades, acompañadas de imaxe e son, créase un vínculo emocional tanto coa artista e a canción como co videoclip.

Artigos relacionados

Back to top button