Conscientes de que lugares tan especiais como o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) non son salas de concertos, senón espazos que requiren “unha maior sensibilidade para poder facilitar unha conexión verdadeira entre o artista e o ambiente; unha conexión que se traslada ao espectador durante a actuación”, o proxecto Ecos de Pedra, organizador do ciclo de música Sons da Terra, engadía en 2017 a primeira residencia artística Alma, unha “experiencia de varios días que ofrece aos artistas a oportunidade de coñecer non só o entorno natural e cultural da zona, pero tamén entender e saber resoar a acústica sagrada e auténtica do mosteiro”.
A segunda edición de 2019 será durante do 20 ao 30 de setembro e conta con dúas residencias, cada unha co sei propio concepto: Ser Puentes e Sons de Muller.
Ser Puentes pretende “fomentar o intercambio cultural nunha época de división usando a arte para crear pontes en vez de barreiras” e nesta edición contará coa presenza do multi-instrumentalista Amir John Haddad (El Amir) e a cantaora, Eva Durán. O concerto será o 21 de setembro ás 19h.
Sons de Muller é “un recoñecento á importancia de ofrecer espazs dedicados á expresión femenina”. Esta primera edición estará dirixida por Isabel Martín, que se reúne con outras dúas músicas, cada unha cun variado bagaxe e estudo detallado das tradicións castelá, vasca e da conca mediterránea, Esther Sánchez Fernández e Itziar Navarro Ibañez.