CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música independente envolve as noites do Barco de Valdeorras

Hoxe, a partires das 20 horas, será o turno do concerto eléctrico para grupos xa formados

Da man da asociación AMAVA e do Barbudos, a música independente envolvía a praza Lauro Olmo do Barco na noite do 24 de agosto. No marco do Jam Fest 2018 músicos e cantantes de moi variados estilos sobíanse ao escenario na primeira xornada do microfestival, centrado no formato acústico.

De forma individual, en dúos e ata tríos. Cantando ou tocando a guitarra, os participantes, entre os que figuraban Roma Doval, Maira, Amparo ou Piru ían entonando e conquistando ao público que desfrutaba do concerto, sentado na terraza do bar Barbudos e nas escaleiras e tamén de pé, seguindo os rítmicos sons.

Hoxe, a partires das 20h. será o turno da sesión eléctrica con grupos xa formados e consolidados como Big Crunch ou Azor 91 (que actuaba en xullo no SilFest), entre outros.

FOTOS: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button