CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A música tradicional envolve o Castelo de O Bolo

 

A música galega máis tradicional volvía soar na tarde deste sábado 30 de outubro no Castelo de O Bolo, coa celebración do IV Festival Medieval que reunirá a preto de cen músicos nunha cita na que se rendía homenaxe ao polifacético gaiteiro coruñés Xosé Casal, cuxo autorretrato figura no programa do evento.

 

O alcalde de O Bolo, Manuel Corzo co director da Real Banda, Xosé Lois Foxo.

 

Un programa que, dirixido por Manola Porto, comezaba en torno ás 17:30 horas incluíndo as actuacións da Banda de Gaitas de O Bolo, do romanceiro de Aceveda, de Xabier Franco, de María do Ceo, das Cantoras de Trives, do grupo de zanfonas da Escola Provincial de gaitas e dos Gaiteiriños da Coruña homenaxeando a Xosé Casal.

 

Torre do Castelo de O Bolo engalanado para a ocasión.

 

O evento incluía asemade a actuación das Cantareiras da Real versionando o Romance de Dona Urraca; de Jacinta Fernández Alonso, cantareira da seitura de Lentellais; e do gaiteiro Xan Carlos Rilo, pechando o festival unha actuación conxunta da Real Banda e da Banda de Gaitas de O Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button