En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A neve complica a circulación polas estradas ourensás

A meteoroloxía está a condicionar o tráfico polas estradas ourensás nesta xornada de Venres Santo. Maioritariamente, trátase de estradas secundarias, que durante a tarde estanse a ver afectadas polas precipitacións en forma de neve caídas nas últimas horas.

“A diferenza desta mañá”, informan dende o 112 Galicia, “os problemas estanse a detectar na provincia de Ourense, en estradas como a OU-0604, en Parada de Sil; no Alto do Rodicio, en Maceda; na OU-536, en Montederramo; na OU-0703, en Chandrexa de Queixa; así como en Sarreaus, Os Blancos, no Alto das Motas en Lobeira, Manzaneda e Pobra de Trives”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button