OurenseÚltima hora

A neve deixa sentir a súa presenza e cubre as zonas altas ourensás

Ao longo da mañá deste 1 de febreiro rexistrábanse diversas incendias nas provincias de Ourense e Lugo

 

Cumpríanse as previsións e a neve vén vestir de branco as zonas altas da provincia de Ourense. Continúase en alerta laranxa por nevaradas nas montañas desta provincia e da de Lugo.

Entre 900 e 1000 metros poderase acumular 20 cm. ou máis, segundo o aviso emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía. O inicio deste episodio de neve comezaba ás 00:00 deste 1 de febriro e rematará nas primeiras horas do sábado 2 de febreiro.

Nesta mañá de 1 de febreiro rexistrábanse diversas incidencias na provincia de Ourense. “A neve deixouse notar nas estradas dos concellos das provincias de Lugo e Ourense. Foron varios os condutores que comunicaron ao longo desta mañá que, a neve, lles impedía continuar ata os seus destinos, en conxunto, foron (22) incidentes os rexistrados”, segundo o Axega, que tamén resalta tres incidencias no concello da Gudiña e dúas no de Avión.

A neve obrigaba aos gandeiros de zonas como O Bolo a baixar aos animais aos vales, onde non caeu tanta neve, tal e como pode apreciarse nesta imaxe tomada en Paradela.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button