CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A Noite das Ferreñas en Viana do Bolo

Preto de 10 grupos de pandereteiras de toda a provincia dábanse cita na praza Maior

Na tarde-noite do sábado 23 de agosto, a praza Maior de Viana do Bolo acollía a celebración da X edición da Noite das Ferreñas, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei. Unha actividade cultural que cada ano xunta a unha decena de agrupacións de pandereteiras. Nesta ocasión as participantes foron: Grupo Candaira de Verín, Asociación de Mulleres Rurais de San Pedro de Queizás, Asociación de Mulleres Rurais Tamagos, Asociación de Mulleres Rurais As Candelas de Pazos, Asociación de Mulleres Rurais A Ribeira de Vilaza, Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo de A Rasela, Asociación Abaneo de Viana do Bolo, e Asociación Candea de Viana do Bolo, entre outras.

Esta edición das Ferreñas, incluía unha xornada de sega e malla tradicional, recreada polos veciños de Punxeiro e Quintela de Pando.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button