DeportesÚltima hora

Xornada de descenso nun espectacular barranco en Grixoa (Viana do Bolo)

 

As espectaculares montañas que bordean a provincia de Ourense e os cursos fluviais que as percorren, moldean unha paisaxe única que agocha verdadeiros tesouros naturais, moitos aínda descoñecidos. É o caso dun fermoso barranco en Grixoa (Viana do Bolo) que na xornada do mércores 2 de abril descendían dous mozos valdeorreses, Miguel Ángel Espinel e Andrés Fernández.

 

Preparándose para o descenso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Foi o propio Miguel quen o descubriu e pediu a Andrés, técnico deportivo en barranquismo, que o acompañara para velo e ir sacando datos. “Facer un mapa dos rapeles, como unha especie de crokis, a ubicación,… para compartilo, porque é precioso, dos mellores da zona, pero reequipou como pudo (facer unha instalación 100% fiable custa bastantes cartos) e de momento a instalación está bastante precaria, hai que ter moito coidado”, di Andrés, recoñecendo que “realmente é precioso, moi moi bonito”.

 

 

Este é o primeiro barranco que fan xuntos, pero tanto Andrés como Miguel coñecen máis e o único que buscan é “dar a coñecer a zona na medida do posible”.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button