CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A nova charanga El Tatoo debutará o vindeiro 23 de decembro en Maceda

Recentemente creada na Pobra de Trives tamén conta con músicos de Valdeorras, Castro Caldelas e Celanova

Charanga El Tatoo./ Foto cedida.

 

O pasado 12 de outubro, Día do Pilar, a charanga Nova Terras de Trives actuaba por última vez. Pero lonxe de desaparecer do panorama festivo, esta agrupación musical dividíase en dúas: A Charanga Nova e El Tatoo.

A segunda, formada por nove músicos, botaba a andar no mes de novembro e debutará o vindeiro venres 23 de decembro en Maceda, cun percorrido polos bares e fin de festa na sala Zagreb. “A nosa intención era empezar no Entroido pero chamáronnos de Maceda e pareceunos unha boa forma de estrearnos”, di Manuel Vila, membro e un dos fundadores da charanga El Tatoo.

Trátase dunha agrupación formada na Pobra de Trives, que conta tamén con músicos do Barco, Castro Caldela e ata Celanova: Jullio e Fito, saxo tenor; Vila, saxo alto; Carlos e Joel, trompeta; Andrés, percusión; Xabi e Nico, batería; e Manuel, trombón.

 

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button