ConcellosÚltima hora

A nova megafonía dixital de Río será inaugurada por Miguel Ángel Revilla

Ademais, o Concello vai iniciar "os trámites necesarios para que o presidente de Cantabria visite San Xoán de Río e poida interactuar en directo cos nosos veciños", adianta o seu alcalde

O presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.

 

O día dos Santos Inocentes, 28 de decembro, publicábase en broma un cartel das festas de San Xoán de 2022 no que se incluía as actuacións das Tanxugueiras, Bertín Osborne, Miguel Bosé, etc. Pero o que mais chamou a atención dos veciños de San Xoán de Río foi que o pregonero das festas ía a ser Miguel Ángel Revilla, presidente de Cantabria. Moitos deles levaban unha desilusión tremenda oa enterarse de, dada a data, se traba dunha inocentada e varias persoas solicitaban que se intentase de verdade que fora o pregonero.

Xa no marco da instalación, dende xaneiro, dunha nova megafonía dixital en San Xoán de Río para “fomentar as habilidades cognitivas dos maiores” e para a inaugurar esta megafonía o Concello de San Xoán de Río púxose en contacto co Goberno de Cantabria para ver se podía enviarnos un audio o seu presidente. “Miguel Ángel Revilla non o pensou dúas veces, e enviou unha mensaxe de audio, que este vindeiro sábado 19 de Febreiro as 13:00h. será a encargada de inaugurar esta nova megafonía dixital”, tal e como adianta o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Ademais, adianta que dende o Concello vanse iniciar “os tramites necesarios para que Miguel Ángel Rodríguez visite San Xoán de Río e poida interactuar en directo cos nosos veciños”.

 

Artigos relacionados

Back to top button