CulturaCulturaEn portadaÚltima horaVídeos

A obra de David Lamelas, con orixes en Manzaneda, no 30 aniversario do Centro Galego de Arte Contemporánea

Dúas primas súas asistían a estes actos conmemorativos, o 29 e o 30 de setembro, que inclúen unha exposición con obras deste artista cuxa mai nacía en Borruga

 

O Centro Galego de Arte Contemporánea (inaugurado en 1993 en Santiago de Compostela) cumpre trinta anos e para celebralo desenvolvía os días 29 e 30 de setembro un programa especial con propostas como unha exposicion, unha conferencia, danza vertical, proxeccións e concertos.

Unha desas exposicións é “Implosión: arte conceptual na colección CGAC (1965-1975)” (comisariada por Pedro de Llano), que inclúe obras de David Lamelas, un artista galego-arxentino (con orixes en Manzaneda) e que pode visitarse ata o 14 de xaneiro na primeira planta do centro.

https://youtube.com/shorts/L1sTy6iKOcg?feature=share

Nela, pódense ver varias obras de David Lamelas:
– PUBLICATION (1970/ 2020): libro de artista en inglés e traducido ao castelán e ao galego con motivo da súa exposición DAVID LAMELAS . LONXE, AMÉRICA ( CGAC 2021)
– TIME AS ACTIVITY (ANTWERP) 1970
3 pósters de 78 por 55 cm
Colección particular, Santiago de Compostela
-BRUSSELS 11:30 a.m.,1969
BRUSSELS. 1:59 p.m.,1969
BRUSSELS. 2:57 p.m.,1969
3 fotografías
Colección CGAC

 

 

A mai de David Lamelas, Amelia Fernández, naceu na aldea de Borruga do concello de Manzaneda e o seu pai José Lamelas era de Pedrouzos, no veciño municipio de Castro Caldelas. As primas de David Lamelas, que residen na casa onde naceu a nai do artista, Amalia Hervella e a súa filla Teresa Blanco, acudían a estes actos do aniversario do CGAC. En concreto asistían á “Conversación no auditorio do CGAC” do comisario da exposición Pedro de Llano co director do CGAC, Santiago Olmo e a continuación foron a ver a citada exposición “Implosión”.

Amalia Hervella e Teresa Blanco estiveron encantadas de ver as obras de David Lamelas e dos demais artistas e de participar no 30 Aniversario do CGAC. O 28 xullo de 2021, as dúas organizaron unha presentación deste creador en colaboración co comisario de arte Pedro de Llano, outro primo do artista Roberto Cereijo e David Lamelas no auditorio da Pobra de Trives, proxecto moi emocionante para todos eles que naceu en xullo de 2019 durante a estancia de Pedro de Llano e de David Lamelas na casa das súas primas. Ese mesmo mes de xullo de 2021 foi a gran exposición retrospectiva do artista no CGAC: “David Lamelas. Lonxe, América”.

Fotos cedidas.

Na galería, por esta orde: Teresa Blanco, o comisario de arte Pedro de Llano e Amalia Hervella xunto ás obras de David Lamelas no CGAC, na seguinte foto Pedro de Llano e Amalia Hervella; e a crítica de arte Estelle Nabeyrat e Amalia Hervella; ademais de publicacións de Lamelas e fotografías expostas na mostra.

Artigos relacionados

Back to top button