
A vindeira fin de semana, do 13 ao 15 de agosto, as rúas do casco vello de Petín vestiranse de gala para a coller a II edición de MARCO, a Mostra de ARtistas da COmarca que este ano contará con obras de nove artistas.
Así, aos que xa participaron o ano pasado (Carina, Lito (Alva), Conde e Torino, sumaranse nesta edición dous artistas do Barco de Valdeorras, Díaz Ferrer xa falecido e Xelo de Tremiñá, cuxas pinturas no caso do primeiro e esculturas no do segundo, darán un plus á xa de por si interesante mostra. Completarán o circuíto de artistas Emma Traba, Alba Aizpuru e Roberto Álvarez.
Cada un exporá unha escolma da súa obra nunha zona determinada do casco vello petinés, que poderá verse en horario de 20 a 23 horas seguindo o protocolo Covid.