CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A obra do artista urbano Diego As, no IES Martaguisela do Barco

 

Diego As, o muralista lucense recoñecido co “premio ao mellor mural urbano do mundo no ano 2021” polo portal Steet Art Cities polo seu Julio César fronte á muralla romana de Lugo, ten dende hoxe unha das súas obras no Barco de Valdeorras.

En concreto no IES Martaguisela que contaba con el para ilustrar un dos muros do patio interno do centro. Da man da ANPA, o artista urbano achegábase ata o instituto na mañá deste venres 17 de xuño para pintar o seu peculiar mural.

En principio o deseño ía ser alusivo ao mundo académico e ás terras de Valdeorras pero o artista considerábao moi escuro para o entorno polo que finalmente decantábase por un debuxo alegre e colorido especialmente adicado á xuventude.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button