CulturaCulturaÚltima hora

A obra “Esas cousas marabillosas” enche o Teatro Lauro Olmo do Barco

 

O público enchía as butacas do Teatro Lauro Olmo do Barco nesta noite de 10 de novembro con motivo da función “Esas cousas marabillosas” de Empatía Teatro. Xa dende o primeiro momento e dunha forma natural, divertida e moi orixinal os espectadores entraban e participaban nesta peza teatral de Duncan MacMillan (con tradución e dirección de Avelino González) e que está interpretada por Elisardo de la Cruz.

 

 

Esta comedia aborda cuestións como a saúde mental, a depresión ou o suicidio nunha historia que comeza cando unha nai entra no hospital tras intentar suicidarse.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button