ConcellosQuirogaÚltima hora

A Oficina de Turismo de Quiroga conta coa credencial do peregrino

 

Coa entrada do mes de setembro a Oficina de Turismo de Quiroga conta coa Credencial oficial do peregrino. Trátase da tarxeta precisa para que todos os peregrinos leven os selos dos lugares polos que pasan no seu camiño a Santiago.

Esta credencial debidamente selada é precisa para recibir a Compostela, o documento oficial que os acredita como peregrinos dunha das rutas xacobeas polas que fixeron a pe, en bicicleta ou a cabalo como mínimo 100 km.

O Camiño de Inverno ten dende o municipio de Quiroga ata a Catedral de Santiago 170 km, polo que dende o noso municipio ben se podería realizar a peregrinación que da dereito a recibir o recoñecemento de peregrino.

E precisamente coa idea de fomentar que a xente da comarca se anime a facer o Camiño de Inverno e coa que se adquiriron as credenciais, ademais de dispoñer de guías de información, de pasaportes do peregrino e numerosas publicacións sobre esta ruta xacobea que pasa polo noso municipio.

Na Oficina de Turismo contase cun selo propio do Camiño, no que están reflectidos aqueles lugares máis distintivos do municipio polos que pasa a ruta e incluso se conta cunha pequena sala de lectura na que se poden consultar todas as publicacións sobre o Camiño de Inverno.

Este punto de información está adherido ao programa de vixilancia contra las violencias machistas nos Camiños de Santiago, polo que ofrecen información específica para que as peregrinas saiban que recursos teñen en caso de sufrir algunha agresión ou para comunicar en tempo real ás forzas de seguridade calquera tipo de aviso de emerxencia.

Artigos relacionados

Back to top button