En portadaÚltima horaVídeos

Solemne procesión e misa na honra a Santiago Apóstolo, no día grande das Festas de Petín

Pola tarde o baile na praza correrá por conta da orquestra Los Españoles que actuará en sesión de tarde e verbena

 

Un mes despois da Feira de 1812 coa que a vila regresaba ao século XIX rememorando a Constitución das Cortes de Cádiz e a revelión veciñal contra as tropas Napoleónicas, Petín celebra por todo o alto as súas festas patronais, as grandes, na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana. Unha celebración que comezaba na noite do mércores 24 e estenderase ata o 26 de xullo cun variado programa de actos entre os que non faltarán a música, os cultos relixiosos e o deporte, que regresaba este ano cunha nova edición do torneo de tenis.

 

 

A praza Doutor Quiroga é un ano máis o centro neurálxico das festas e ese será o espazo que acollía a primeira das actuacións a cargo do grupo América SL que actuaba en sesión de tarde e verbena. E despois dunha noite chea de ritmo e luces chegaba o día grande e festivo nacional, xornada na que toda Galicia rende culto a Santiago.

 

 

Así a mañá deste 25 de xullo comezaba co pasarrúas a cargo da Charanga Achicoria e xa ás 13 horas os veciños de Petín levaban a imaxe de Santiago Apóstolo polas rúas da vila, nunha solemne procesión na que soaba novamente a música da charanga. De volta ao templo tiña lugar a eucaristía presidida polo párroco de Petín, Lisardo Paradelo, e cantada polo coro parroquial. Tralos cultos seguía a sesión vermú coa mesma charanga na praza. Momento que a xente aproveitaba para tomar un aperitivo e mesmo celebrar o aniversario.

 

 

E xa pola tarde o baile, tanto en sesión de tarde como na verbena, correrá por conta da orquestra Los Españoles que fará moverse ao seu ritmo aos veciños e visitantes na praza ata altas horas da madrugada.

 

 

Tamén a ritmo de charanga comezará o 26 de xullo, desta volta cun pasarrúas a cargo de CLK. E se o protagonista do xoves é Santiago Apóstolo, a do vernres será Santa Ana. A súa imaxe será portada ese día polos petineses na procesión que comezará tamén ás 13 horas. A comitiva relixiosa percorrerá a vila acompañada polo son da Charanga CLK, ata rematar de novo na igrexa onde terá lugar a eucaristía cantada novamente polo coro parroquial. Esta mesma charanga animará a sesión vermú desta xornada festiva en Petín. Despois, en sesión de tarde e verbena actuará a orquestra Panamá.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button