OurenseÚltima hora

A orquestra Olympus e Brañas Folk porán música á festa do Magosto 2024 en Ourense

Será o luns 11 de novembro a partir das 18 horas na praza Bispo Cesáreo

Orquestra Olympus.

 

O Concello de Ourense presenta a programación de actividades para celebrar o luns, día 11 de novembro, a festa do Magosto 2024. Ruada de gaiteiros, obradoiros infantís, magosto tradicional (en Bispo Cesáreo), agasallo de castañas, food-trucks, concerto de Brañas Folk e o baile coa orquestra Olympus son as propostas de lecer que se sucederán ao longo da xornada na cidade nesta tradicional cita do calendario festivo.

  • 12h. Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos.
  • 17:15h. Obradoiros infantís. Confecciona o teu cornete de Magosto e Pintado de caras. Praza Maior.
  • 18h. Magosto tradicional: Chourizo recén asado con bolo de masa nai, auga ou viño por 3 €. Bispo Cesáreo. Castañas gratuítas. Praza Maior e Bispo Cesáreo. Food Trucks: Burguer Bágoa Gastrobar, Tráiler Coren e Crepes.
  • 18-19:30h. Concerto de Brañas Folk con Lucía Pérez e Pancho Álvarez. Praza Maior.
  • 19-22h. Baile coa orquestra Olympus. Rúa do Progreso.

Feira da Chinita 2024

 

 

O Campo da Feira acollerá o domingo, día 10 de novembro, desde as 12 horas unha nova edición da Feira da Chinita, unha tradicional celebración da comunidade venezolana, na que colabora o Concello de Ourense.

A festa está dedicada á Virxe de Chiquinquirá, propia da rexión de Maracaibo (Venezuela), e conmemora unha milagre atribuída á dita virxe naquel lugar no século XVIII. Cos anos, esta celebración estendeuse até converterse nunha festividade nacional venezolana e tamén internacional.

Nesta versión ourensá, o público que se achegue ao campo da feira atopará todos os ingredientes característicos da festa: gaitas do Zulia, un xénero musical autóctono tocado co furruco, o catro, as maracas e a tambora; comida típica venezolana, a elección da Raíña da Feira, e moita diversión cos grupos que tocarán en directo, como Os Coleguitas, Yamil Quijada, Misael Sánchez, Maira Show, ademais dun DJ que amenizará o evento.

Artigos relacionados

Back to top button