ConcellosÚltima hora

A orquestra Panorama actuará mañá, 8 de agosto, en Quiroga

Publicidade
Treixadura Gaiteiros e a Banda Folk de Ribas de Sil son outras das propostas musicais nas festas de verán
Orquestra Panorama.

Entre o 8 e o 12 de agosto Quiroga celeabrá as súas festas de verán e o Concello, ente organizador preparou un amplo programa de actividades deportivas, concursos, animación infantil, xuvenil  e a actuación de importantes orquestras e grupos de música.

Entre as actividades deportivas destaca o mércores, día 8, o Torneo Fútbol Sala Festas de Verán no pavillón Municipal (20h.), así como o venres, día 10, o IV Torneo Street Soccer no Parque da Constitución (ás 19h.) e o sábado, día 11, no Campo de Fútbol San Martiño, a presentación do QUIROGA F.C. 2018-2019 (ás 18:30h.). Tamén o sábado día 11, no pavillón polideportivo de Quiroga a partir das 10:30 h. haberá un torneo de voleibol por parellas para as categorías benxamín e alevín.

Os cativos, a maiores das atraccións, contan neste programa con actividades propias. Así o sábado, día 11 na Rúa Real a partir das 13h. terá lugar un espectáculo de animación infantil e ás 20h. na praza de España o concurso Pinta con xiz no chan e entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil. Igualmente para público infantil e familiar o domingo día 12 ás 21 h. na praza de España terá lugar un espectáculo de maxia.

A festa da Cervexa e a Xuventude terá lugar o xoves coa actuación de D, Michel ás 19h. e o Banda Folk de Ribas de Sil a partir das 23h.

A XXVII Mostra do Mel e a Festa da Comunidade terán lugar o día 10. Dende primeira hora seis colleiteiros  poñerán á venda un dos produtos típicos da nosa comarca: o mel. A xornada estará amenizada polo grupo de gaiteiros Os Palletas. Xa polo serán unha nova edición da Festa da Comunidade servirá de encontro entre  veciños e visitantes.

Afamadas orquestras, entre as que cabe salientar a actuación da orquestra Panorama o día 8 ás 23h; Carta de ajuste o día 9; Podium e Atenas o día 11 na festa e verbena; e Samba o día 12 ademais do concerto do grupo de música tradicional Treixadura Gaiteiros. A maiores do Dúo Camelia e a Banda de Música de Chantada.

Este programa de actividades conta coa colaboración da Deputación Provincial, a través do Plan Provincial Único 2018,  cunha achega económica para a organización do Concerto da Banda Folk de Ribas de Sil e o Concerto de Treixadura Gaiteiros. Así como a través do programa “Musiqueando”  na organización do concerto da Banda de Música de Chantada.

Máis información no Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button