CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A orquestra Ritmo Joven pon o broche musical ás festas de San Roque, na Rúa

 

Despois dunha semana de actividades, con especial atención nos máis pequenos, as festas de San Roque, na Rúa, organizadas pola Asociación Sabugueiro, chegaban ao seu fin na noite do luns 22 de agosto ao son da orquestra Ritmo Joven.

Con todo, a despedida do San Roque 2022 será na tarde deste martes 23 de agosto, co partido entre solteiros e casados previsto para as 20:30 horas seguido da tradicional chocolatada por xentileza da comisión de festas.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button