DeportesÚltima hora

A ourensá Eva Feijoo (Salvour), prata no nacional de Salvamento e Socorrismo celebrado en Castellón

Eva Feijoo coa medalla de prata.

 

A Piscina Olímpica Municipal de Castellón acollía, entre o 5 e o 7 de maio, o XI Aberto Internacional – IV Copa de Europa-XXXVII Campeonato de España Xuvenil, Júnior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo, no que participaron máis de cincocentos deportistas de oito países e de tres continentes.

O club de salvamento acuático Ourense Salvour acudía a esta cita cunha única representante en categoría absoluta, a destacada deportista Eva Feijoo Gómez, que participaba en tres probas do campionato onde  realizaba unha actuación “impecable”, din dende o club ourensán, explicando que obtiña “na súa proba favorita, 200 metros natación con obstáculos, a medalla de bronce cun tempo de 02:14:94”. Na proba de 50 metros remolque maniquí empregaba un tempo 00:37:42 alcanzou un noveno posto e na última proba, 100 metros socorrista alcanzaba un sexto posto cun tempo de 01:16:58.

A próxima cita do Salvour será o sábado 13 e o domingo 14 de maio na II xornada de liga en augas abertas na praia de Gandarío en Bergondo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button