DeportesÚltima hora

A Parroira Bike chega á XI edición unindo turismo e deporte e con máis de 200 participantes

Parroira Bike.

 

A XI edición do Roteiro BTT Parroira Bike da Merca que se disputará o vindeiro domingo, 3 de setembro, consolídase no calendario autonómico de ciclismo de montaña con máis de 200 participantes. A presentación deste evento deportivo tiña lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, o presidente e secretario da asociación Ovala2, Alberto Taín Fernández e José Ribo Touza, respectivamente; e o 2º tenente de alcalde do Concello de A Merca, José Manuel Taín Fernández; e en representación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta en Ourense, Carlos Bericart.

 

 

A proba, que conta co apoio da Deputación de Ourense, ofrece aos participantes un percorrido de 42 km e un acumulado de 1250 metros positivos, cunha dificultada media-alta, pasando polos sendeiros e camiños reais dos montes de A Merca, A Mezquita, Proente, Rubillós, Entrambosríos, Olás, Zarracós, A Parroira, Covas, Cabanas de Loureiro; polo Camiño Real do Concello da Bola, por Sampaio (Celanova) e pola poboación de Tain (Allariz); con paso polos miradoiros da Peneda da Lebre, San Marcos, e da Airiña da Lera, tendo como testemuña o río Arnoia.

 

José Ribo, Carlos Bericart, Rosendo Fernández, Jose Manuel Taín e Alberto Taín, na presentación.

 

Nesta edición, crearanse os Premios do Deporte Ovala2 para enxalzar os méritos deportivos da veciñanza da Merca, que conta con grandes deportistas en diferentes disciplinas. Ademais, o XI Roteiro BTT Parroira Bike será a primeira ruta do I Desafío BTT Terras de Ourense 2023 que xunto con outras probas, potenciará o turismo deportivo na provincia a través do ciclismo animando aos afeccionados do BTT a coñecer diferentes localidades, levando un pequeno agasallo por participar nas 4 rutas que conforman este “Desafío”.

Artigos relacionados

Back to top button