Aínda que normalmente son dúas as procesións que centran os cultos na honra á Nosa Señora de Fátima na parroquia ruesa de Fontei: a das antorchas e a da despedida, este ano unicamente se celebraba a vespertina, que marcaba o final da celebración hoxe, venres 13 de maio, coa imaxe polas rúas da localidade nunha calurosa tarde.
Foron nove días de novena, rosaio e misas en horario de tarde e hoxe, data na que se conmemora a aparición da Virxe en Fátima (Portugal) tiña lugar a última eucaristía celebrada na igrexa parroquial a partires das seis da tarde á que asistían o párroco de Fontei, Lisardo Paradelo; o predicador, Miguel Ángel González García (Canónigo da Catedral de Ourense); o director do Seminario Menor de Astorga; o párroco de Pinza e o das Ermitas. E trala eurcaristía saía a comitiva, encabezada polos nenos da Primeira Comuñón, e seguida por centos de devotos.

Como adoita ser habitual, en varios puntos do percorrido os devotos lanzaba pétalos de rosas ao paso da Virxe.

Despois do percorrido polas rúas de Fontei ata a praza Enriqueta Casanova, a imaxe de Fátima era conducida pola Telesforo Ojea, Progreso, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e Padre Feijóo, ata chegar novamente ao interior da igrexa cos fieis despedíndoa cos panos brancos ata o vindeiro ano, un dos momentos máis emotivos da celebración.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.