EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

A pasarela de moda do Barco CCA comeza a tomar forma

Comezará a partir das 20:30h. e será presentada por Eva Iglesias, colaboradora do programa Land Rober Tunai Show

 

Conta atrás para a pasarela de moda do Barco Centro Comercial Aberto, que se celebrará a partir das 20:30h. deste sábado 9 de abril xunto á praza Andrés de Prada da vila. Arestora neste punto está a instalarse un escenario polo que desfilarán medio centenar de modelos, veciños do Barco, adultos e nenos, que se presentaban ao casting do CCA hai semanas. Ademais unha das novidades será que o CCA subirá á pasarela a mascotas.

Nesta edición participan 19 empresas asociadas, entre elas o Periódico O SIL: catro comercios de moda infantil, nove tendas de moda de adultos, catro establecementos de complementos e unha clínica veterinaria, quen exhibirá as súas novidades do sector téxtil e complementos e apoiarán publicamente una das campañas do CCA que reúne a un maior número de clientes. Así mesmo, contarase coa colaboración dun salón de peiteado.

Ademais da moda, o evento terá como protagonista a arte. Durante o desfile contarase coa participación de OrdeCaos e de Carina Rodríguez quen mostrará ao público e en directo o seu traballo relacionado coa arte e o deseño, respectivamente.

E á moda e á arte súmase o humor da persoa responsable de conducir a Pasarela de Moda. A actriz galega, presentadora da TVG e colaboradora do programa Land Rober Tunai Show, Eva Iglesias, viaxará ao Barco para converterse na presentadora do evento.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button