EconomíaEconomíaÚltima hora

A pastelería Rodillo Veloz, no Barco, segue aberta e con servizo a domicilio

O horario de atención ao público é de 10 a 13:30h. de martes a domingo

Interior da pastelería Rodillo Veloz. /Foto cedida.

 

Ao prestar un servizo de alimentación, as pastelerías son uns dos establecementos hostaleiros que poden permanecer abertos durante o confinamento.

No caso de Rodillo Veloz, sito na rúa Coruña, no Barco de Valdeorras, mantén o servizo de cara ao público en horario de 10 a 13:30h. de martes a domingo, ademais de facer repartos a domicilio. Na pastelería podemos atopar de todo tipo de doces, pero en menor cantidade que antes da crise sanitaria, por iso fomentan os encargos.

Se hai outros establecementos que den este tipo de servizos (non só no Barco senón en calquera outra vila) e queiran difundilo a través da edición dixital de OSIL.info, poden facelo enviando información e unha fotografía ao enderezo redaccion@osil.info.

 

Artigos relacionados

Back to top button