En portadaÚltima hora

A pegada da borrasca Ciarán ao seu paso por Valdeorras

 

Numerosas árbores caídas e un incremento do caudal do río Sil. Son algunhas das pegadas que deixaba nesta madrugada a borrasca Ciarán ao seu paso pola comarca de Valdeorras, tal e como pode comprobarse nestas imaxes tomadas no Barco.

Así o GES Valdeorras realizaba numerosas intervencións ao longo das últimas para proceder a retirada de ponlas e árbores tiradas polos fortes ventos en puntos como estradas, co fin de deixalas libres para a circulación. Entre as árbores caídas figura unha de grandes dimensións que estaba na zona do Chao no Barco.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button