A RúaConcellosÚltima hora

A persistente chuvia impide a saída da procesión coa Virxe de Fátima en Fontei (A Rúa)

 

Tralo novenario e a solemne e concorrida procesión das antorchas, a festa na honra á Virxe de Fátima, na parroquia ruesa de Fontei chegaba hoxe, luns 13 de maio, ao día grande con varias misas pola mañá, incluída unha ofrenda floral e a solemne eucaristía vespertina presidida polo bispo de Astorga Jesús Fernández.

 

 

De seguido, en torno ás sete da tarde tiña que celebrarse a procesión da despedida, e a Virxe de Fátima estaba engalanada para saír pola vila pero debido á persistente chuvia, este ano non saía.

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button