CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A pianista Sara Marianovich actuará este mércores no colexio Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

Ofrecerá concertos multimedia Tras la huella de los sonidos con motivo do Día da Paz
A pianista serbia Sara Marianovich nun concerto no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Por motivos laborais vive en Madrid pero despois de pasar un tempo no Barco de Valdeorras, a pianista serbia Sara Marianovich regresa á vila valdeorresa sempre que pode para realizar proxectos educativos e culturais. Desta volta será para ofrecer concertos multimedia no CEIP Otero Pedrayo de Viloira, dentro dunha xira auspiciada pola Sociedad de Artistas, Intérpretes y Ejecutantes “AIE”. “Os alumnos deste centro xa asistiron a concertos meus en varias ocasioóns, o que demostra o implicados e motivados que están con todo o que teña que ver coa música”, di Sara.

Os concertos que dará este mércores 30 de xaneiro, forman parte do programa educativo-cultural Tras la huella de los sonidos, levados a cabo en varios países europeos (consta de libro-disco, concertos multimedia, video-clips e unha serie de televisión) e estarán enfocados na celebración da paz, “como a música culta é unha ferramenta excelente para establecer comunicación entre distintas culturas e nacións: unha linguaxe universal que inspira harmonía, tolerancia e paz”, explica a propia pianista, licenciada pola Facultade de Música de Belgrado, onde finalizou tamén os estudos de postgrado, tendo unha fructífera carreira como concertista e tamén como docente na Facultade de Música da Universidade Alfonso X El Sabio de Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button