ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A pintora Lola Doporto, pregoeira das Festas do Cristo 2022

O acto do pregón está previsto para o vindeiro 9 de setembro ás 20:45h. na praza Maior

A pintora barquense Lola Doporto./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

En rolda de prensa presentábase esta mañá no Concello do Barco o programa de actos das Festas do Cristo 2022, que se celebrarán do 7 ao 14 de setembro na vila. Entre eles figura o acto do pregón co que se abrirá oficialmente esta celebración, e que nesta ocasión correrá a cargo da pintora María Dolores Doporto Nogueira, máis coñecida como Lola Doporto, natural da localidade barquense de Millarouso.

De formación autodidacta, Doporto pinta dende os 18 anos adentrándose tamén nos campos da escultura e da artesanía. A partir de 2015 comezaban a aparecen nos seus lenzos as marionetas, unhas figuras xa icónicas na súa pintura, de intensas cores e un estilo persoal e moi recoñecible que a teñen levado por importantes salas de exposicións de Galicia, cunha gran acollida de crítica e público.

Esta creadora, embaixadora do Barco e de Valdeorras alá por onde pasa e que ademais a autora do cartel do Cristo 2022, lerá o pregón das festas o vindeiro 9 de setembro a partir das 20:45h. na praza Maior da vila. Ademais, tras 19 anos.

O cadro deste cartel, de grandes dimensións, ten sido doado pola artista ao Concello como “un agasallo para todos os veciños do Barco”, tal e como sinalaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, durante a presentación, na que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button