Un cento de persoas asistían á presentación do número 6 da revista cultural “Nós A xente do Redor”, cuxa portada estaba realizada pola pintora Lola Doporto, natural de Millarouso (O Barco). A obra que abría a edición era “Marioneta con clarinete e buho”.
A presentación, que tiña lugar na tarde do xoves no Liceo de Ourense, estivo presentada pola artista Marina Sanchez, acompañada por Marila Abad profesora no Colexio Cardenal Cisneros e secretaria da Asociación Filatélica Miño e Maria Rosa Gónzalez Méndez, do Círculo poético ourensáan.
No descurso do acto rendíaselle unha a sentida homenaxe “in memoriam” a José Antonio Viñas Mira, o que fora creador da Asociación Folclórica Queixumes dos Pinos, con textos de Marina Sánchez, Avelino Jácome e Javier Enériz este último lembrou a sua figura lucindo unha sudadera da asociación na sua honra todo adobiado cun retrato do xenial pintor Miguel Angel Martínez Coello.
Asistiron tamen representantes das institucións colaboradoras Sandra Quíntas Vazquez xefa do servizo de coordinación cultural, Luz Doporto representando a Deputación de Ourense, María Paz Gómez del Valle, da Asociación Diabética Auria, Aurelio Gómez asesor de Cultura na Deputación de Ourense, Manuel Blanco Villar do Museo Casa do Patrón.
Ademais celebrábanse tres sorteos con agasallos. O evento foi animado pola música dos acordeons de Juán Ruibal de Lumen a Palleira e Maxi (Maximino Miguez Salgado) e o cantante ourensan Iván Pérez Álvarez concursante de Recantos.
Entre os asistentes representantes do mundo musical, María do Ceo a Fadista acompañada de José Salgado, Antonio Barros e o responsable do Recuncho da Musica da revista Armando Lastra, entre outros.
O mundo do deporte estivo presente grazas aos directivos da Unión Deportiva Ourense Carlos e Xavi,que representan o clube que aposta pola lingua galega, poñendo en valor tamen os valores da cultura ourensan.
Fotos cedidas.