O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abrirá ao público o venres, 7 de xuño, as piscinas de Oira para a nova temporada de verán, con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva previa.
As piscinas abrirán ata o día 8 de setembro, en horario continuado, desde as 11 ata as 20:45 horas. Este ano, o Consello Municipal amplía a superficie da zona verde na contorna da piscina, para proporcionar unha maior comodidade ás persoas que utilicen a instalación, que contará ademais con vixilante e socorristas.
Tamén desde o venres, 7 de xuño, ata o 8 de setembro, abrirá ao público a piscina exterior do Pavillón dos Remedios. Neste caso, pódese acceder cun bono diario básico de 3 euros, de luns a sábados, tamén de 11 a 20:45 horas, e os domingos, de 11 a 13:45 horas.




