Concellos

Os emigrantes retornados vólvense xuntar no Barco

A plataforma prevé unha nova concentración para o mes de novembro
Concentración de emigrantes retornados en Viloira. /Foto: Carlos G. Hervella.
Concentración de emigrantes retornados en Viloira. /Foto: Carlos G. Hervella.

A entrada da Feira en Viloira (O Barco de Valdeorras), foi o lugar elexido pola Plataforma dos Emigrantes Retornados para unha nova concentración celebrada na mañá do 6 de outubro, para aproveitar unha maior afluencia de persoas e porque “moitos dos asistentes da feira son emigrantes retornados” explican dende a plataforma.

Dende o propio colectivo, explican que as concentracións que están levando a cabo dende hai uns meses, responden “á necesidade e a demanda dun trato igualitario entre os pensionistas que reciban unha parte da pensión do extranxeiro e os que non” e tamén “pola necesidade de visualizar aínda máis esta cuestión, procurar apoios e informar a un maior numero de afectados”, tendo como obxectivo “apoiar a un colectivo coma este, que padeceu a emigración e agora son “premiados” cun trato claramente discriminatorio”.

En total foron arredor de corenta, os emigrantes retornados concentrados en Viloira que Leron un manifesto e decidiron que a próxima concentración será diante de Facenda, no Barco, o próximo 4 de novembro. Ademais, a maioría alí presente acordou ir a unha manifestación en Compostela “que probablemente sexa a finais de outubro ou principios de novembro” explican dende a plataforma.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button