OurenseÚltima hora

Máis de cen coches participarán na II Concentración Solidaria da Peroxa

Será o domingo 15 de decembro dende as 11 horas no recinto feiral

 

O recinto feiral de A Peroxa acollerá o domingo 15 de decembro desde as 11 horas a celebración dunha nova edición da Concentración Automobilística Solidaria.

O prezo de inscrición para aqueles que queiran participar nesta actividade benéfica exhibindo o seu coche é de 5 kg de alimentos. O Banco de Alimentos de Ourense contará cun punto de recollida de alimentos non perecedoiros na entrada do recinto feiral.

Haberá música, sorteos e exhibición de coches clásicos, deportivos e incluso de competición, procedentes de varios puntos da comunidade autónoma.

Organiza Hermanos Caride Fernández Trabajos Verticales xunto co Concello da Peroxa e en colaboración co Banco de Alimentos de Ourense. Ata o momento xa hai 100 inscritos.

 

Artigos relacionados

Back to top button