SanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras, na concentración no Parlamento contra a reforma da Lei de Saúde

Co fin de amosar o seu rexeitamento á reforma da Lei de Saúde de Galicia, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras participará na concentración que mañá martes 20 de marzo terá lugar ás dez da mañá no exterior do Parlamento de Galicia. Neste acto reivindicativo tamén participarán representantes das outras plataformas sanitarias de Galicia e de SOS Galicia.

Ademais asistirán “alcaldes e voceiros da comarca de Valdeorras para apoiar aos parlamentarios da oposición e dar presenza ao sentir maioritario da poboación contra esta reforma da lei e contra á desaparición da nosa área sanitaria”, sinala o portavoz da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, Orlando Saavedra.

 

Cartel da convocatoria.

Artigos relacionados

Back to top button